Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás As bibliotecas municipais acollen numerosas actividades con motivo do Día da poesía

 Oleiros, 21 de marzo de 2022-. Para promover a lectura de obras de poesía e recoñecer o valor poético como símbolo da creatividade humana, aproveitando a celebración do Día Mundial da Poesía o 21 de marzo, organízanse diversas actividades durante os vindeiros días nas bibliotecas municipais do Concello de Oleiros. Están programados contacontos infantís, exposicións bibliográficas, actividades dirixidas aos centros de ensino e outras iniciativas nos clubs de lectura.

back link