Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás As bibliotecas municipais acollen 56 actividades durante os vindeiros meses

 Oleiros, 2 de setembro de 2021-. As bibliotecas municipais organizan ao longo de todo o ano numerosas actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas e nenos. Durante os vindeiros meses, as sete bibliotecas do Concello de Oleiros acollerán diversas sesións de diferentes actividades infantís para maiores de 6 anos co obxectivo de fomentar a lectura e animar a que se visiten as bibliotecas no tempo libre. 

 
As actividades consistirán na narración ou dramatización dun ou varios contos, pero tamén haberá música, maxia e outros espectáculos para atraer á lectura ao público infantil. En todos os casos terán un enfoque lúdico, fomentando a imaxinación e a creatividade, como unha invitación a viaxar a un tempo máxico de ilusión e fantasía.
 
As sesións realizaranse ás 18:30 horas na biblioteca correspondente, pero tamén poderán verse en Youtube a través da web municipal durante 48
Horas, a partir do día seguinte do contacontos.
 
En todos os casos é preciso reservar praza previamente, na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades ou no teléfono é o 981610000.

back link