Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás As bibliotecas acollerán obradoiros de creación de máscaras de Entroido para nenas e nenos

Oleiros, 10 de febreiro de 2017-. As Bibliotecas Municipais do Concello de Oleiros acollerán nas vindeiras semanas obradoiros de creación de máscaras de entroido para nenas e nenos maiores de 5 anos. Os pequenos e pequenas participantes elaborarán sinxelas caretas confeccionadas con telas, feltro e outros elementos para posteriormente pintalas e decoralas.

Cada obradoiro pode ter un máximo de 20 participantes. É imprescindible inscribirse na biblioteca na que se desexe participar. Poden apuntarse desde dez días antes da realización da actividade en cada unha das bibliotecas. Celebraranse ás 17:30 horas.

As datas son as seguintes:

20 de febreiro
Biblioteca Mª José Ruso de Dorneda
Tel.: 981 626 638

21 de febreiro
Biblioteca Manuel María de Oleiros
Tel.: 981 610 700

22 de febreiro
Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz
Tel.: 981 626 338

23 de febreiro
Biblioteca Central Rialeda
Tel: 981 639 511

24 de febreiro
Biblioteca Mª José Trincado Mera
Tel.: 981 628 507

Biblioteca Ánxel Fole. Nós
Tel.: 981 664 257

2 de marzo
Biblioteca Xograr Mendiño. Lorbé
Tel.: 981 618 201

Ademais, todas as bibliotecas acollerán exposicións de libros relacionados co Entroido: obras de disfraces, de distintos tipos de traxes históricos ou de personaxes de contos, de maquillaxe, de máscaras, de traballos manuais, de festas tradicionais, de cociña, etc.
 

back link