Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás As asociacións 'Porto com Cuba', 'Francisco Villamil' e o Concello de Oleiros réndenlle homenax

 Oleiros, 25 de outubro de 2015-.  Oleiros viviu hoxe unha homenaxe á figura de Ernesto Che Guevara nunha marcha que saíu do parque José Marti e rematou con emotivos discursos ao pé da estatua do guerrilleiro, na Rotonda de Nirvana.

 
O primeiro en falar foi o alcalde García Seoane, que fixo referencia ás pintadas que esta noite apareceron na estatua: "Esta forma de actuar é a dun covarde, con nocturnidade", dixo o alcalde, que agradeceu a presenza das asociacións  "Porto com Cuba", de Portugal e a viguesa "Amizade galego-cubana Francisco Villamil". Tras a intervención do presidente da asociación portuguesa, Gonzalo Duarte, clausurouse o acto coas verbas do cónsul xeral José Antonio Solana, que quixo lembrar a "valentía e o compromiso tanto do pobo oleirense coma do seu Goberno e do seu alcalde". 
 
back link