Trátase dunha actividade gratuíta para todas as persoas interesadas na que un grupo de terapeutas ocupacionais expertos na materia informarán aos asistentes sobre a integración sensorial das crianzas e como afecta á vida diaria, sobre sinais de alerta no comportamento do nenos ou nena e como detectalas, estratexias concretas para previr o malestar e favorecer entornos reguladores, falar sobre o exceso de actividades programadas e pantallas na infancia ou da importancia do xogo como ensino-aprendizaxe, entre outros asuntos.
A entrada é libre ata completar a capacidade sala.
Desde o Concello de Oleiros anímase a todas as familias e profesorado a participar deste obradoiro no que aprender un pouco máis sobre a conducta infanto-xuvenil e como propoñer solucións aos problemas de comportamento.