Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás As altas temperaturas obrigan a pospoñer un día a apertura da pista de xeo

 Oleiros, 22 de decembro de 2021-. A apertura da pista de xeo prevista para hoxe na polideportiva da avenida da II República, en Perillo, deberá pospoñerse ata mañá debido ás altas temperaturas. A atípica climatoloxía dos últimos días desfixo o xeo, obrigando a montar unha carpa para illar a pista e garantir unha temperatura máis baixa que permita conservar o xeo.

 
Tal e como estaba previsto, a partir de mañá xoves 23 de decembro, a pista estará aberta en horario de 16.00 a 21.00  horas e os domingos, a maiores, de 11:30 a 13:30 horas. O custo desta actividade será de 5 euros por media hora, incluíndo todo o material necesario, agás os guantes que terá que levar cada persoa.
 
Si abrirán xa desde hoxe os carruseis e trens infantís, tanto na polideportiva da avenida da II República en Perillo como na praza de Esther Pita de Santa Cruz. O prezo de cada viaxe nestas atraccións será de 1 euro.
back link