O Concello de Oleiros informa que, por razóns loxísticas e meteorolóxicas, os obradoiros de nadal para crianzas e familias previstos na Praza Esther Pita desenvolveranse no Centro Cívico de Santa Cruz, respectando os días e horarios de cada un deles:
- Martes 23 de decembro (17:00-20:00h): rebumbio de obradoiros: piruleta de nadal, carta a Papa Noel, reno Rudolph...
- Venres 26 de decembro (17:30-19:30h): animación e xogos.
- Sábado 27 de decembro (17:30-19:30h): obradoiro de nadal: “Os elfos de Papá Noel”
- Luns 29 de decembro (17:00-20:00h): rebumbio de obradoiros: boneco de neve, árbore de nadal, glitter…
- Martes 30 de decembro (17:30-19:30h): animación e xogos.
- Venres 2 de xaneiro (17:00-20:00h): rebumbio de obradoiros: camelos, estrala fugaz, roscón de reis…
- Sábado 3 de xaneiro (17:30-19:30h): obradoiro de nadal “Buscando a Rodolfo”.
Todas as actividades son de acceso libre e gratuítas para as crianzas.