Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás As actividades do Apego volven este sábado con Danzacontos: Historias en Movemento

Oleiros, 27 de marzo de 2019-. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros, dentro do programa Apego, para promover o uso da lingua entre as familias, organiza para este sábado 30 de marzo Danzacontos: Historias en Movemento, unha actividade dirixida por Laura Martínez Rey, educadora social e danza movemento terapeuta.

Unindo imaxinación, diversión, aprendizaxe, lingua e movemento, créase esta actividade, na que viaxamos a un mundo imaxinario utilizando como vehículo un conto e o noso corpo, sentindo que somos as nubes, a chuvia, o lume, as follas que leva o vento...; converténdonos en diferentes personaxes, transportándonos a historias máxicas que nos levan a explorar e coñecer a nosa contorna a través do movemento e a lingua.

Esta contada dinámica para nenos e nenas de 0 a 6 anos desenvolverase na Casa da República, en Oleiros, nunha sesión de 0 a 2 anos ás 17.30 h e noutra, de 2 a 6 anos ás 18.30 horas. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente no Servizo de Normalización Lingüística e obter a confirmación da inscrición.

back link