Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás As actividades de Apego continúan esta fin de semana co concerto Cucú

 Oleiros, 16 de novembro de 2020-. Este sábado día 21 de novembro, ás 18:30 horas, chega á Fábrica María Faltri e Jorge Juncal co seu espectáculo Cucú. Trátase dunha selección das cancións do libro-disco Fantasía coas palabras pensado para as necesidades dos primeiros anos de vida das crianzas.

 
A entrada é gratuíta, mais hai que reservala facendo a inscrición a través do formulario habilitado, que estará aberto ata as 14:00 horas do 20 de novembro, ou ata completar o aforo permitido que actualmente é dun máximo de 30 persoas. Por este motivo, o Concello solicita que só acuda 1 persoa adulta por cada unidade familiar.
 
Esta actividade está recomendada para crianzas de 0 a 3 anos e, como sempre, terán preferencia as persoas inscritas no Apego de Oleiros.
 
back link