Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Así será o edificio multiusos de Bastiagueiro

As obras comezarán próximamente

O Concello contará cunha versátil instalación pública para a realización de todo tipo de eventos culturais, deportivos, congresos, feiras, festivais, exposicións… Cun aforo máximo de 4.000 persoas, pero con gradas e butacas móbiles para axustarse ás necesidades de cada espectáculo, será unha grande instalación sustentable e harmoniosa para dotar a Oleiros do grande espazo cultural e deportivo que necesita para complementar a ampla oferta actual e potenciar as posibilidades terciarias derivadas da economía turística de espectáculos e congresos.

A construción deste edificio, situado entre a pista de patinaxe de velocidade e o skatepark, ten un custo de 11 millóns de euros, que se financiará en tres anualidades. A obra comezará no 2023, unha vez finalice o proceso administrativo de contratación.

Deseñado polo arquitecto Fernando Martínez, o edificio é un enorme cilindro con forma de zigurat e contará con terrazas vexetais para quedar completamente integrado no Bosque dos Veciños. O tambor de cristal na parte superior e as lamas radiais axudan á entrada da  luz natural que penetra no interior, creando múltiples espazos cálidos e acolledores.

A instalación terá un grande coso central con capacidade para converterse en diferentes escenarios, podendo modificar a disposición e capacidade das gradas en función das necesidades e características de cada evento… Ademais haberá varias salas para actos máis reducidos, vestiarios, camerinos e oficinas.




 

back link