Oleiros, 15 de outubro de 2020-. Ante a publicación do decreto da Xunta de Galicia limitando algúns tipos de reunións que polas súas características fosen susceptibles de favorecer a transmisión do COVID-19, decidiuse aprazar a presentación do libro “Educa Bonito” de María Soto prevista para mañá venres na Fábrica. Lamentamos as molestias que poida ocasionar este aprazamento.
O acto non consistía unicamente nunha presentación cunha limitación da capacidade da sala, senón que estaba prevista unha interacción coa autora na sinatura dos libros que podería dar lugar a un incumprimento das normas establecidas pola Xunta de Galicia. No momento en que se poida programar de novo establecerase unha data para a súa realización.
Mañá venres, ás 12:35 horas, a autora será entrevistada en directo no espazo Outras miradas de Radio Oleiros. Aquelas persoas interesadas poderán escoitar neste espazo as reflexións desta especialista sobre a educación e a metodoloxía da disciplina positiva.