Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Apertura do prazo de pagamento de impostos e taxasmiunicipais

Do 15 de setembro ata o 20 de novembro ten lugar o período de pagamento voluntario dos seguintes impostos e taxas municipais:
• Imposto sobre bens inmobles de natureza urbana e rústica. (IBIU e IBIR)
• Imposto sobre actividades económicas. (IAE)
Os cargos de ditos recibos domiciliados terá lugar o 22 de outubro.

As persoas que non teñan domiciliados os seus recibos poderán facer o pago das seguintes maneiras:
• Entidades Colaboradoras: ABANCA, CAIXABANK, PASTOR, POPULAR, SANTANDER e BBVA. Neste caso deberán dispoñer previamente dos documentos de ingreso necesarios. As entidades colaboradoras non poderán establecer limitacións aos días e horario para realizar ingresos, debendo aceptalos, durante o prazo indicado, sempre que se produzan no seu horario normal de caixa.
• Oficina de Recadación, dentro do seu horario de atención ao público.
• Por internet, banca electrónica e en caixeiro automático. Os clientes das entidades colaboradores citadas, que o permitan, poderán realizar o ingreso das súas débedas por estes medios. 
• En www.oleiros.org, sede electrónica, dentro do apartado carpeta cidadá. Para usuarios rexistrados ou que teñan DNI electrónico ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre (FNMT).  
• Para usuarios non rexistrados. En www.oleiros.org, sección Facenda, pagamento de recibos, a través do enlace á pasarela de pagos da nosa entidade xestora. É necesario que teña o recibo que quere pagar posto que terá que teclear a emisora, identificación, referencia e importe que figuran no mesmo.    

 

back link