Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Ana de las Heras presentará Travesías del sentir nas Torres de Santa Cruz

 Oleiros, 25 de abril de 2022-. O teatro das Torres de Santa Cruz acolle o vindeiro xoves 28 de abril, ás 20:00 horas, a presentación da obra Travesías del sentir de Ana de las Heras. Ademais da propia autora, na presentación intervirá a escritora Silvia Delgado. 

 
Ana de las Heras estudou Enxeñería Industrial na Universidade Politécnica de Madrid. Veciña de Oleiros pero natural de Madrid, pasou máis de 30 anos da súa vida entre números. Actualmente mudou cifras por letras. Trala recuperación dunha operación cirúrxica conectouse consigo mesma e coa natureza. 
 
Travesías del sentir preséntanos relatos curtos cheos de humor e de maxia. A través do sentir, narra o cotiá dunha maneira entrañable e sinxela, descubrindo a grandeza da vida nos pequenos detalles. 
 
 
back link