Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Alfaroleiros concentra aos mellores oleiros tradicionais da península no Parque Luis Seoane

Oleiros, 1 de agosto de 2018-. O parque Luis Seoane de Santa Cruz acolleu esta mañá o acto de inauguración da XXIV edición de Alfaroleiros, coa presenza de decenas de veciños e visitantes. Sol María Vázquez Abeal, Directora xeral de Comercio; Ánxela Franco Pouso, Presidenta da Comisión de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero da Deputación da Coruña; e o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, destacaron durante as súas intervencións a importancia desta feira e a calidade das pezas que estarán á venda ata o vindeiro domingo, cando rematará a Alfaroleiros.

O horario de exposición será de 10:00 a 22:30 horas. Ademais, o alumnado do obradoiro municipal de olería tamén expoñerá durante a mostra os seus mellores traballos.

Agárdase que un ano máis sexan centos as persoas que visiten Santa Cruz e outras localidades do municipio con motivo desta feira, que ademais da olería ofrece unha ampla programación de actividades culturais e de ocio, dirixidas a todos os públicos, que supoñen un importante reclamo.

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES

back link