Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Alfaroleiros chega esta semana a Santa Cruz con cinco días de olería, cultura e tradición

Imagen Alfaroleiros chega esta semana a Santa Cruz con cinco días de olería, cultura e tradición

O Concello de Oleiros inaugura este mércores, 5 de agosto, a XXXII edición de Alfaroleiros, unha das citas culturais máis emblemáticas do verán do concello. Ata o domingo, o Parque Luís Seoane de Santa Cruz reune a 23 oleiros e oleiras procedentes de diferentes puntos de España e Portugal, converténdose un ano máis no gran punto de encontro da olería tradicional da Península. 

Tras máis de tres décadas de historia, Alfaroleiros consolidouse como unha feira de referencia que soubo medrar e renovarse sen perder a súa esencia. Durante cinco días, veciñanza e visitantes poderán descubrir pezas únicas elaboradas artesanalmente, coñecer de primeira man o traballo dos mestres oleiros e achegarse a un oficio con séculos de historia que continúa vivo grazas á transmisión do coñecemento entre xeracións.

Ademais da exposición e venda de pezas de olería, o Concello organiza unha ampla programación paralela con concertos, demostracións de olería, maxia, circo, espectáculos e actividades gratuítas para todas as idades.