Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Alén, este sábado no Gabriel García Márquez de Mera

 Oleiros, 5 de outubro de 2021-. A Formiga Producións presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera a obra Alén. Silvia Lorenzo e Daniel Celester forman o elenco desta obra que dirixe Gustavo del Río.

 
A Formiga presenta o seu primeiro espectáculo profesional; unha comedia negra de creación colectiva sobre o tema negro por excelencia, a morte, e cuxo nome nos remite non só o máis alá dos espíritos e da Santa Compaña, senón tamén ao dos vivos, ao dos que quedan na Terra. Alén é, por tanto, tamén aquí. Unha visión holística do deceso e de como este, paradoxicamente, afecta a todos os campos da vida. Aínda que se cadra a nós dun xeito algo diferente. Despois de todo, Galicia sempre tivo unha relación moi próxima coa morte, non si...?
 
As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, a 3,50 euros, ata completar a capacidade permitida da sala. A obra está recomendada para un público adulto. 
back link