Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Adxudicadas as obras da rúa do Souto e da Besta

 Oleiros, 5 de febreiro de 2021-. A Deputación da Coruña adxudicou esta semana dúas importantes obras que se van realizar no Concello de Oleiros. Trátase da dotación de beirarrúas a toda a rúa do Souto e da finalización da mellora da estrada da Besta, que conecta o centro de Mera coa vía Ártabra.

 
“Despois de moito tempo machacando na Deputación por fin se adxudicou a obra de mellora da estrada da Besta, que estaba pendente porque houbera que botar fóra á empresa por incumprir o contrato que tiña e por fin vai poder reiniciarse. Tamén se adxudicou esta semana a obra da rúa do Souto, en Santa Cruz, pola que tamén loitamos na Deputación.  Vaise dotar de beirarrúas a toda esta rúa e penso que quedará impecable”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
 
Estas dúas obras suman un custo total de 1.013.463 euros. Está previsto que comecen no mes de marzo. 
 
back link