Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Adxudicada a mellora da rede de auga entre a ponte da Pasaxe e Rialeda

 Oleiros, 15 de febreiro de 2021-. O Concello de Oleiros adxudicou as obras de renovación da rede de xeral de abastecemento de auga nun tramo da avenida das Mariñas, entre a ponte da Pasaxe e a Biblioteca Rialeda. O importe desta actuación ascende a 192.099,60 euros.

 
“Estamos continuamente realizando melloras na rede de abastecemento de auga. Nesta ocasións imos renovar unha zona na que se producían moitas avarías e que presta servizo a un número moi importante de vivendas”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
 
back link