Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Acordo entre os concellos de Oleiros e A Coruña para estudar a creación dun servizo de transpor

 Oleiros, 19 de setembro de 2022-. O Concello de Oleiros e o Concello da Coruña están totalmente de acordo en estudar as posibilidades de establecer liñas de transporte marítimo público desde Santa Cristina, Santa Cruz e Mera ata Coruña. O Goberno municipal de Oleiros, tal e como recolleu no recentemente aprobado Plan de Mobilidade, aposta pola futura implantación deste medio de comunicación non só para a tempada estival, senón que para todo o ano.

 
Para levar adiante este proxecto sería preciso obter as necesarias autorizacións por parte de Costas e Portos, adaptar os actuais espazos portuarios ás necesidades deste servizo, así como definir moitos outros aspectos imprescindibles. “Estamos a traballar neste asunto pero sabemos que vai levar un tempo”, dixo o alcalde Ángel García Seoane. 
 
“No mes de agosto tivemos unha reunión co Concello da Coruña e como eles tamén o tiñan previsto o acordo é total para intentar levar isto adiante. Nós o que queremos é un transporte marítimo para todo o ano, non só para o verán. Consideramos que este servizo podería ser infinitamente máis beneficioso para o conxunto da cidadanía que esa pasarela da que falaba a Xunta de Galicia”, comentou o alcalde.
back link