Oleiros, 19 de setembro de 2019-. O Concello de Oleiros abriu o prazo de inscrición para os Obradoiros de Teatro infantil e xuvenil. Una ano máis, terán lugar no Teatro das Torres de Santa Cruz os sábados en horario de mañá a partir do mes de outubro.
O prazo de inscrición nos Obradoiros de Iniciación ao Teatro para maiores de idade tamén está aberto. Estas clases desenvolveranse os luns e xoves polas tardes.
Para participar nestas actividades teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros. Para obter máis información e formalizar as inscricións hai que dirixirse ao departamento de Cultura, no centro cultural A Fábrica (Rúa do Inglés, Perillo), nos teléfonos 981 610 000 (Extensións 4915 e 4916) e 981 636 598 ou mediante correo electrónico a cultura@oleiros.org.