Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Aberto o prazo para apuntarse aos obradoiros de olería

 Oleiros, 25 de setembro de 2020-. Está aberto o prazo de inscrición para os Obradoiros de Olería infantil, xuvenil e de iniciación para adultos  que organiza o Concello de Oleiros. Una ano máis, terán lugar no Alfar das Torres de Santa Cruz a partir do mes de outubro.

 
Os obradoiros infantil e xuvenil serán os sábados en horario de mañá. No caso das clases de iniciación para adultos celebraranse luns e martes en horario de tarde.
 
Para participar nestas actividades teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros. Para obter máis información e formalizar as inscricións hai que dirixirse ao departamento de Cultura, no centro cultural A Fábrica; aos teléfonos 981 610 000 (Extensións 4915 e 4916); ou mediante o correo electrónico cultura@oleiros.org.
back link