Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Aberto o prazo de solicitude para obter os 400 euros do Bono Cultural

O Concello de Oleiros anima á mocidade do municipio que este ano cumpre 18 anos a solicitar o Bono Cultural 2025, unha axuda directa de 400 euros impulsada polo Goberno do Estado para fomentar o acceso á cultura. O prazo de solicitude está aberto ata o 31 de outubro e o bono poderá empregarse durante 12 meses en produtos, servizos e actividades culturais.

O programa permite gastar o bono en tres grandes categorías: artes en vivo (teatro, cine, concertos, festivais), produtos culturais físicos (libros, cómics, música, videoxogos, discos...) e contidos dixitais (plataformas de streaming, prensa, audiolibros ou música online).

 

INFORMACIÓN
 

back link