Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Aberto o prazo de reserva de entrada para a película El parque mágico

 Oleiros, 28 de decembro de 2021-. Dentro da programación de actividades do Concello de Oleiros para este Nadal, mañá mércores día 29 realizarase a proxección da película infantil El parque mágico, ás 18:30 horas, no Salón parroquial de Oleiros. As persoas interesadas en asistir poden reservar a súa praza a través da web municipal. 

 
As entradas outorgaranse por orde de inscrición. No caso de ocuparse todas as prazas elaborarase unha lista de reserva para ocupar posibles vacantes que xurdan. De quedar invitacións sen adxudicar, entregaranse no propio espazo 30 minutos antes da película por rigorosa orde de chegada.

back link