As persoas que se inscriban para participar nesta cooperativa serán convocadas mediante correo electrónico para asistir a unha asemblea informativa na que se detallará toda a información relativa a este proceso, requisitos, prazos, importes, posibilidades de financiación, características das vivendas... O prezo dos pisos e os requisitos de acceso son os estipulados pola Xunta.
En España existe un grave problema para o acceso á vivenda do que Oleiros non é alleo. Ante a falta de políticas públicas efectivas por parte da Xunta e do Estado –que son as administracións competentes neste ámbito-, o Concello vai máis alá das súas obrigas e promove a creación de cooperativas de vivendas mediante a venda de varias parcelas de propiedade municipal, logradas a través da xestión urbanística, a prezos inferiores aos de mercado.