Oleiros, 20 de xaneiro de 2020-. O Concello de Oleiros ten aberto o prazo de inscrición para os obradoiros de Olería infantil e xuvenil dirixidos a nenos/as e á mocidade, que terán lugar no Alfar das Torres de Santa Cruz os sábados en horario de mañá a partir do mes de febreiro. Tamén está aberto o prazo de inscrición para os Obradoiros de Olería para maiores de idade, tanto para o grupo de iniciación como para o de continuidade, e que se desenvolverán os luns e os martes polas tardes neste mesmo espazo.