O concello de Oleiros abriu o luns 17 de setembro o prazo de inscrición para os Obradoiros da Escola de Artes Plásticas dirixidos a nenos/as, e que terán lugar un ano máis na Casa da Cultura de Perillo en horario de tarde a partir do mes de outubro.
Esta actividade vai dirixida a nenos e nenas de último curso de Educación Infantil e de Educacion Primaria e no proceso de inscrición terán preferencia os empadroados/as no Concello de Oleiros.
Para ter máis Información e formalizar as inscricións dirixirse ao Departamento de Cultura na Fábrica (Rúa do Inglés, nº 13 – 15172 Perillo), no teléfono 981 610 000 (Extensións 4915 e 4916) ou mediante enderezo electrónico en cultura@oleiros.org ou r.caparros@oleiros.org