Oleiros, 6 de marzo de 2017-. Valencia será o destino da viaxe que organiza todos os anos por Semana Santa o Concello de Oleiros. O prazo de inscrición para as persoas interesadas que están empadroadas no Concello comeza o hoxe luns 6 de marzo.
As datas da excursión, do 13 ao 16 de abril, coinciden coa ponte de Semana Santa. As persoas participantes aloxaranse en Valencia nun hotel de 4 estrelas en habitacións dobres en réxime de aloxamento e almorzo. O prezo inclúe a viaxe e os traslados en autocar, visita guiada en Valencia, entrada combinada para o Museo das Ciencias e o Hemisferic, os almorzos dos días 14, 15 e 16, o xantar dos días 13 e 16 de abril e seguro de viaxe.
As prazas son limitadas. Todas aquelas persoas interesadas maiores de 18 anos poderán informarse e inscribirse persoalmente no Departamento de Cultura (A Fábrica), no teléfono 981 610 000 (extensións 4915 e 4916), ou nos enderezos electrónicos: cultura@oleiros.org e r.caparros@oleiros.org.