Oleiros, 26 de setembro de 2019-. A sala do contencioso administrativo Número 4 da Coruña acordou desestimar o recurso presentado pola empresa Distribuciones Taula S.L. e os seus socios contra o Concello de Oleiros pola expropiación da gasolineira do centro de Santa Cruz. A sentenza explica claramente que o Concello ten competencia plena para aprobar o expediente expropiatorio e proceder a ocupación dos bens. Tamén ratifica o xustiprezo estipulado.
Hemeroteca
Desde Octubre 2010
Tal e como sinala a resolución xudicial, a titular da explotación e da licenza era CEPSA, que tiña asinado un contrato de arrendamento con Distribuciones Taula por 25 anos que remataba o 25 de xaneiro de 2016 e que se extinguía de maneira automática ese día. Dado que non existe ningún documento que acredite que Taula solicitara a CEPSA ampliar o contrato, nin que CEPSA tivera intención de facelo, non pode contemplarse ningún lucro cesante.
O tribunal tamén aclara que os socios de Distribuciones Taula S.L. -traballadores por conta allea que foron convertidos en empresarios para non ter que pagarlles as súas correspondentes indemnizacións- foron notificados en tempo e forma da apertura do expediente de expropiación, da revocación da licencia e que tiveron acceso a toda a información relacionada con este expediente.