Oleiros, 2 de xuño de 2022-. Nun ataque ao dereito á liberdade de expresión do Concello de Oleiros, a Xunta de Galicia presentou unha denuncia xudicial para demandar a retirada dos paneis informativos colocados recentemente no Couto. Os carteis denunciados alertan de maneira satírica dos problemas viarios existentes, que a Xunta négase a resolver.
“O que queda claro é que os paneis doeron e fixeron efecto, pero non teñen nada de especial. Simplemente denunciamos un feito real, que están a sufrir os veciños e veciñas, aos que a Consellería de Infraestruturas non se lles fixo caso durante meses”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
A Xunta de Galicia debe asumir as súas competencias e resolver este problema dunha vez. A solución é tan sinxela como cambiar os sinais de velocidade de 70 a 50 e colocar un paso de peóns.