Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A Xunta nega a Oleiros, parte de Cambre, Sada, Bergondo e Betanzos un bus á universidade que si teñen Arteixo, Culleredo e Cambre

Imagen A Xunta nega a Oleiros, parte de Cambre, Sada, Bergondo e Betanzos un bus á universidade que si teñen Arteixo, Culleredo e Cambre

O Concello denuncia que, en contra das afirmacións da directora xeral de Mobilidade no Parlamento de Galicia, a Xunta de Galicia volveu rexeitar a posibilidade de poñer un bus de Perillo á universidade para servizo dos concellos de Oleiros, parte de Cambre, Sada, Bergondo, Betanzos... O Goberno municipal leva reclamando durante os dous últimos anos que se poña un bus nas franxas horarias principais de entrada e saída das aulas sen que ata o momento a Xunta decidise poñelo en funcionamento.

O máis indignante é que mentres se lle nega este servizo a uns municipios; Arteixo, Culleredo e parte de Cambre si teñen bus á universidade cunha frecuencia dunha hora. Xa que a directora xeral de Mobilidade non foi capaz de explicar esta arbitrariedade na reunión celebrada o pasado martes, debería pronunciarse publicamente porque uns municipios si e outros non, cando só no Concello de Oleiros hai máis de 800 potenciais usuarios entre estudantes, profesorado e funcionariado.

Tamén é falso que a Xunta “asuma” e “atenda” as demandas dos concellos e que xa dera resposta ás peticións. No caso de Oleiros, non se atendeu ningunha das solicitudes formuladas. Realizar esa afirmación baseándose en que hai 5 frecuencias diarias para Xaz e que puxeron dous buses máis á praia de Mera no verán é un insulto á cidadanía.