Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A Xunta négalle aos veciños e veciñas de San Pedro o transporte ata o centro da parroquia

Na reunión celebrada o pasado martes, a Xunta de Galicia volveu rexeitar a posibilidade de que a actual liña Entrexardíns-O Seixal prolongue o seu percorrido ata a Igrexa de San Pedro de Nós, no centro desta parroquia de máis de 5.000 habitantes. O Goberno municipal leva reclamando durante os dous últimos anos que se realice esta ampliación da liña, polo menos de forma alterna, para que se lle dea servizo a unha zona que non dispón de apenas buses.

Son moitos os veciños e veciñas que amosan continuamente a súa indignación ao ver que por un lado se rexeita a proposta do Concello mentres o bus, ao chegar ao Seixal, permanece parado durante varios minutos agardando para arrancar de novo; tempo máis que suficiente para facer o percorrido reclamado polo Goberno municipal.

Dáse a circunstancia que a liña Entrexardíns-O Seixal é a máis rendible economicamente de todas as do transporte metropolitano de Galicia. Que nin así a Xunta impoña a necesidade de prestar o servizo público que demanda a cidadanía deixa ás claras a relación existente entre empresa concesionaria e Xunta de Galicia. Os feitos demostran que o lucro económico empresarial está a mandar sobre os intereses veciñais.

back link