Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A Xunta elimina as restricións no Concello de Oleiros

 Oleiros, 9 de setembro de 2020-. Ante a evolución positiva da pandemia na comarca da Coruña, a Consellería de Sanidade levantou as restricións impostas en todos os concellos agás no municipio de Arteixo e en varios barrios da cidade da Coruña. En Oleiros hai a día de hoxe hai 55 casos activos de COVID-19, 1 menos que onte, e 124 persoas atópanse en seguimento por contactos estreitos con persoas contaxiadas.

 
María José Varela Neira, primeira Tenente de Alcalde do Concello de Oleiros, participou na reunión diaria co conselleiro de Sanidade á que están convocados todos os concellos da área metropolitana da Coruña para analizar a evolución da incidencia do Sars-Cov2 na comarca. O levantamento das medidas sanitarias impostas o pasado 7 de agosto implicará que Oleiros pase a ter as mesmas restricións que as do conxunto de Galicia.
 
O Concello de Oleiros reitera a importancia da colaboración veciñal na tarefa de controlarmos a propagación do virus. É necesario cumprir as normas de distanciamento social, o uso obrigado de máscara en todo momento (interior de locais e exterior), o lavado frecuente de mans (auga e xabón ou solución hidroalcólica), a prohibición de fumar en espazos públicos ao ar libre así como en terrazas e establecementos de hostalería se non se garante unha distancia de seguranza de 2 metros.
 

 

back link