Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A Xunta confirma que a calidade da auga das praias de Oleiros é excelente

Oleiros, 10 de maio de 2018-. A Consellería de Sanidade notificou ao Concello de Oleiros que a clasificación sanitaria da auga das praias de Espiñeiro, Mera, Naval, Bastiagueiro e Santa Cristina é excelente. Para determinar estes valores, a Xunta de Galicia utiliza un sistema de cálculo europeo.

Ademais disto, as praias de Oleiros tamén recibiron o recoñecemento europeo o pasado mércores. Un ano máis, serán cinco os areais distinguidos coa bandeira azul.

“Temos bandeiras azuis en todas as praias que o solicitamos e a auga é excelente. Non hai vertidos. Os que había puntualmente en Santa Cruz eliminaranse definitivamente coa obra do tanque de tormentas, que está levando a cabo a Xunta de Galicia a petición do Concello de Oleiros”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.
 

back link