Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A vindeira semana haberá charlas sobre seguridade en Santa Cruz, Oleiros e Nós

Oleiros, 12 de maio de 2017-. Santa Cruz, Oleiros e Nós acollerán a vindeira semana as charlas informativas do Plan maior de seguridade. Un grupo de axentes especialistas da Garda Civil serán os encargados de informar as persoas maiores para tentar alertar dos riscos que existen e previr dos roubos, enganos e estafas máis habituais.

As persoas maiores son un colectivo especialmente vulnerable polo que deben extremar as precaucións no seu domicilio, na rúa, cando vaian ás entidades bancarias, nas súas viaxes e en internet. Nestes últimos meses puidemos coñecer casos de roubos nos seus propios domicilios enganados por persoas que se facían pasar por familiares afastados, persoal do catastro ou de entidades subministradoras de enerxía ou auga...
 
PRÓXIMAS CHARLAS:
 
- SANTA CRUZ: Centro Cívico, martes 16, 17:00 horas
- OLEIROS: Casa Charry, xoves 18, 18:00 horas
- NÓS: Casa do Pobo, venres 19, 16:00 horas
- DEXO: Casa do Pobo, XOVES 1, 16:00 horas
 

back link