Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A vindeira semana comeza o VII Ciclo de Teatro Xuvenil

Oleiros, 28 de abril de 2016-. O Concello de Oleiros organiza o VII Ciclo de Teatro  Xuvenil. Este ano incorpóranse ao ciclo unha xornada de monólogos realizados por 3 gañadores/as do concurso de Oleiros Comedia que irán acompañados polo monologuista Candido Pazó, un musical  realizado por 35 mozos e mozas da compañía de Teatro Ruiseñor denominado José y su túnica de colores e a inestimable creación dos rapaces e rapazas do Obradoiro de Teatro Xuvenil do Concello de Oleiros coa representación de Schindler e os rapaces do Grupo de Teatro María Casares con Irene Mendiluce.

Toda a programación estará concentrada no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera. As interpretacións terán lugar os días 6, 13, 21 e 27 de maio no ás 20:15 h.

MÁIS INFORMACIÓN

back link