Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A traxicomedia A Leituga represéntase o sábado no Auditorio Gabriel García Márquez

Oleiros, 18 de abril de 2018-. A compañía Eme2 presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera a obra A Leituga, escrita por César Sierra e dirixida por Víctor Duplá. María Vázquez, Antonio Durán “Morris”, Federico Pérez, Jose Barato e Mercedes Castro forman o elenco desta traxicomedia.

A Leituga é unha comedia tráxica sobre a familia, os asuntos non resoltos, as contas pendentes. O sacrificio e a culpa. O odio e o rancor. A moral e o instinto. Os medos e as miserias. A procura da felicidade. O dereito á vida e o dereito á morte.

As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Está recomendada para maiores de 12 anos.
 

back link