Venderanse tanto sardiñas asadas como crúas, poñendo leña gratuíta a disposición de aquelas persoas que desexen utilizar as súas propias grellas, e tamén haberá punto de venda de bebidas. A animación musical correrá a cargo da Agrupación Cultural A Marola de Mera e da charanga A Santa Compaña.
A sardiñada da praia de Mera é un evento singular e dunha grande tradición non só na localidade de Mera, senón en todo o municipio, con sona por toda a comarca da Coruña. Trátase dunha festa de grande interese cultural, social e turístico.
O Concello decidiu asumir a organización desta festa o pasado, en colaboración coa Asociación Veciñal San Cosme de Maianca, ante a posibilidade de que se perdese.