Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A rúa do Mar quedará cortada a partir do martes, agás para residentes

 Oleiros, 8 de marzo de 2021-. Debido ás obras de renovación da rede xeral de abastecemento de auga na rúa do Mar, será preciso cortar o tráfico a partir de mañá martes 9 de marzo á altura da intersección da Aguieira. Os veciños e veciñas residentes nesta rúa e no entorno da praia de Naval contarán con accesos alternativos, a través da rúa Monte de Casal e a través da rúa Augarrío.

 
Aquelas persoas que non vivan na rúa do Mar deberán utilizar a avenida República Arxentina para os seus desprazamentos. O Concello de Oleiros solicita a máxima colaboración para que as obras poidan levarse a cabo no menor prazo de tempo posible.
back link