Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A proposta do PSOE da Coruña de subir un 5% o custo da auga aos concellos da comarca é aberrant

Oleiros, 29 de outubro de 2015-. O Concello de Oleiros discrepa totalmente da proposta realizada polo PSOE da Coruña de subir un 5% o custo da auga aos concellos que se nutren do embalse de Cecebre. Actualmente, Oleiros e os demais municipios xa pagan un sobrecusto ao ter que afrontar todos os gastos derivados do mantemento da rede de augas.

“A Oleiros cóbrannos o mesmo que a calquera cidadán da Coruña, cando no noso municipio somos nós os que temos que realizar toda a inversión para a conservación e renovación da rede de augas”, explicou o alcalde de Oleiros. Recentemente, o seu homólogo da Coruña, Xulio Ferreiro, manifestou a súa vontade de crear unha empresa na que participen varios concellos da comarca para xestionar a auga e conseguir outros prezos, e non os que se están a cobrar agora.
 

back link