Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A programación do Apego volve esta fin de semana con ¿Cantamos un conto?¿, de Luis Vallecillo

Oleiros, 14 de outubro de 2019-. Volve a programación do Apego para promover a lingua entre as familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos. Teatro, contacontos, cancións e moito máis actividades...

 
Este domingo día 20, ás 12:00 horas, chega á Fábrica ‘Cantamos un conto?’, de Luis Vallecillo. Un espectáculo de divertidas cancións dunha selección de contos clásicos para cantar todos e todas. Está recomendado para nenos e nenas de 3 a 6 anos.
 
A entrada é gratuíta, mais hai que reservala facendo a inscrición a través do formulario habilitado, que estará aberto desde as 10.00 horas do 14 de outubro ata as 14.00 horas do 18 de outubro, ou ata completar a capacidade do auditorio. Tamén é posible chamando por teléfono ao 981 610 000.
 
back link