Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A poeta Yolanda Castaño ofrece unha charla sobre Xela Arias o xoves

 Oleiros, 10 de maio de 2021-. O teatro das Torres de Santa Cruz acolle este xoves 13 de maio, ás 20:00 horas, unha conferencia de Yolanda Castaño sobre a vida de Xela Arias. A poeta mostrará como xa na infancia da escritora se albiscaban os valores que guiarán o seu camiño: queimar vellos prexuízos, desoír expectativas, rebelarse contra as imposicións, e non deixarse guiar por modelos de segunda man... Como di Castaño, a biografía de Xela Arias é “a aventura radical de chegar a ser unha mesma”.

 
Xela Arias (Sarria, 1962 – Vigo, 2003): poeta, tradutora e editora, desenvolveu o seu traballo profesional en Edicións Xerais entre 1980 e 1990. Tras licenciarse en Filoloxía, exerceu como profesora de ensino secundario ata o seu falecemento. Algunhas das súas obras foron: Denuncia do equilibrio (1986); Tigres coma cabalos (1990), en colaboración co fotógrafo Xulio Gil; Darío a diario (1996); Intempériome (2003). Realizou numerosas traducións, labor pola que recibiu recoñecementos como: Medalha do Prêmio de Traduçao Sociedade de Língua Portuguesa, o Premio Ramón Cabanillas de Tradución ou o Premio Plácido Castro. A súa voz poética está marcada pola innovación e unha intención transgresora da palabra.
 
Yolanda Castaño: escritora, tradutora, crítica literaria e unha activa dinamizadora cultural. Biógrafa de Xela Arias na obra titulada Xela quixo ser ela, Biografía de Xela Arias, publicada por Edicións Xerais, na colección Merlín.
 
En atención ás indicacións e medidas de seguridade fronte a COVID-19, a sala terá capacidade limitada e será obrigatorio  manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización.
 
back link