Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A pista da Segunda República e a praza Esther Pita acollerán as atraccións de Nadal en Oleiros

Oleiros contará con dous núcleos de actividades de ocio relacionadas co Nadal, situadas en Perillo e Santa Cruz, para que a xente máis nova teña atraccións e diferentes xogos nos que pasar o tempo de lecer nese período sen actividade lectiva.

A pista de xeo instalarase na polideportiva da Segunda República en Perillo e o resto das atraccións, tipo tiovivos ou carruseis e outras semellantes, na Praza de Esther Pita en Santa Cruz; durante todo o mes de decembro.

O Concello de Oleiros está organizando as actividades, a prezos populares, para todas as crianzas. 

Debido á dispersión poboacional de Oleiros, o Concello non alumeará masivamente ningún espazo urbano en concreto, en detrimento doutros lugares; mais si que se decorará e iluminará unha árbore en cada unha das parroquias ou núcleo poboacional. 

Asimesmo, o Concello e Oleiros colabora coas entidades sociais, culturais, comerciantes etc que dispoñen alumeado navideño nas súas respectivas zonas de influencia facéndose cargo dos gastos enerxéticos dos alumeados. 

back link