Oleiros, 14 de febreiro de 2022-. O Concello de Oleiros organizará unha festa de entroido ao aire libre, o venres 4 de marzo en Perillo, na polideportiva da avenida da II República. Ademais dun concurso de disfraces con 5.200 euros en premios, a festa contará coa actuación da orquestra Os Satélites.
En canto ao concurso de disfraces, nos vindeiros días publicaranse as bases e os prazos de inscrición para poder participar. Haberá dúas categorías: grupos e individuais-parellas. En grupos haberá un primeiro premio de 1.500 €, un segundo de 1.000 €, dous terceiros de 500 € e un accésit de 400 €. En individual e parellas o primeiro premio será de 400 €, o segundo de 300 €, haberá dous terceiros de 200 € e dous accésit de 100 €.