Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A Orquestra de Cordas da Escola Municipal actúa o domingo no parque da Lagoa

 Oleiros, 26 de maio de 2021-. A Orquestra de Cordas da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros actúa este domingo 30 de maio, ás 12:30 horas, no parque da Lagoa. O alumnado da Escola Municipal de Danza tamén participará neste espectáculo.

 
Será un concerto gratuíto e aberto a toda a cidadanía, aínda que tamén é posible reservar asento previamente. Ao longo das vindeiras semanas continuarán organizándose distintos concertos e espectáculos en diferentes espazos públicos do concello.
back link