Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A Oficina de turismo de Santa Cristina e a Aula do Mar de Mera permanecerán abertas ata final d

Oleiros, 13 de xuño de 2016-. Aínda que o tempo non acompañe, o verán xa está aquí e con el o Concello de Oleiros procede á reapertura da Oficina de información turística de Santa Cristina e da Aula do Mar de Mera. En ambos casos, o horario de atención ao público durante a tempada estival será de martes a sábado de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos de 10:00 a 15:00 horas. Unha vez remate o verán ambas dependencias permanecerán abertas, polo menos ata finalizar o ano, aínda que cun horario máis reducido.

A Oficina de información turística atópase situada no paseo marítimo da praia de Santa Cristina. Ao prolongar a súa actividade ata decembro vai permitir dar a atención necesaria aos visitantes e planificar e desenvolver outras actuacións de traballo. No caso da Aula do Mar, situada na antiga casa do fareiro de Mera, servirá de punto de atención para os numerosos visitantes que se achegan ata ese emblemático lugar durante todo o ano.

Para este verán ofertaranse visitas guiadas polo Monumento Natural Costa de Dexo–Serantes e polo Castelo de Santa Cruz. Esta actividade, na que colaborará o CEIDA, posibilitará que os turistas que se acheguen ata Oleiros poidan coñecer dun xeito máis profundo os principais atractivos turísticos existentes no municipio.
 

back link