Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A obra teatral "O Proceso" de Candido Pazó este sábado en Mera

O Proceso , de Malasombra, chega ao auditorio Gabriel García Márquez este sábado 21 de marzo ás 20:30 horas. 

A obra dirixida por Cándido Pazó presentarase no García Márquez o sábado 21 de marzo ás 20:30 horas. 

1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro "Aires da miña terra", un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.

A partir destes feitos históricos Cándido Pazó constrúe unha peza teatral que, en ton de sainete cómico protagonizado por unha galería de personaxes populares do Ourense de finais do XIX, trata con frescura e desenfado, pero con rigor e reflexión, a cuestión do hoxe en día chamado “lawfare”, así como outros temas (a lingua, a cultura, a identidade...) que seguen vixentes na actualidade.

Un espectáculo no que tres actores e unha actriz encarnan once personaxes distintos: figuras populares coma un zapateiro, unha lavandeira, un taberneiro ou un músico militar; figuras burguesas coma un boticario e a súa devota e espelida esposa; figuras institucionais coma un crego, un bispo e un xuíz; a figura intelectual do propio Curros Enríquez; e unha figura fantástica: a do “maio de flores cuberto”, símbolo de esperanza ao que o propio escritor dedicou un dos seus máis celebres e musicados poemas.

O espectáculo está dirixido público adulto  (maiores de 14 anos) e o custe da entrada é de 4,00 euros. A compra anticipada das entradas pode realizarse a través da plataforma electrónica (giglon.com) e na billeteira do auditorio desde unha hora antes do comezo de cada espectáculo. O pagamento na billeteira só se poderá realizar a través de tarxeta bancaria.

back link