Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A obra da avenida de Santa Cristina paralizada por Fenosa

 A finalización das obras de reforma integral da avenida de Santa Cristina previstas para antes de Semana Santa non será posible dada a actitude de Fenosa, que non retira uns postes. Aínda que a Deputación paga a retirada deses postes non está disposta a sufragar gastos indebidos ou xa realizados. 

É inadmisible a actitude desta empresa que ten hipotecadas obras públicas por toda Galicia polo monopolio do que dispón para a realización das obras de retirada e retranqueo de postes. Non permite facelo a outras empresas nin tampouco o executa en tempo.

O Concello de Oleiros reclama que se aborde de inmediato a retirada dos postes para non demorar máis a finalización da obra

back link