Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A mocidade poderá amosar a súa creatividade nunha nova edición do Premio Literario Descubrindo

Oleiros, 21 de novembro de 2018-. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros convoca o V Premio Literario Descubrindo Oleiros, unha proposta que busca poñer en común promover a lingua e dar a coñecer o municipio.  Este premio está orientado a todos os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e de ESO empadroados/as no Concello de Oleiros, establecéndose catro categorías, unha por cada ciclo.

Os relatos estarán ambientados en Oleiros, escritos en lingua galega e poderán presentarse ata o 15 de decembro de 2018. Os espazos do municipio poden aparecer en fotografías, imaxes, debuxos ou simplemente aparecer citados. Os premios serán artigos electrónicos que terán relación coa imaxe e a lectura e promoverán a creatividade da mocidade.

As persoas que estean interesadas en participar poderán consultar as bases na web municipal ou poñerse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros (A Fábrica, rúa do Inglés, nº 13, 15172, Perillo, Oleiros, Tel.: 981 610 000).

Bases do V Premio Literario Descubrindo Oleiros

back link