Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A Liga de Judo regresa o sábado ao pavillón de Canide

 Oleiros, 14 de febreiro de 2021-. O vindeiro sábado 19 de febreiro, ás 10:00 horas, arranca unha nova edición da Liga de Judo que organiza o Concello de Oleiros en colaboración co Judo Club Oleiros. Participan máis de 20 equipos de toda Galicia e Asturias nas categorías sub 11, sub 13, sub 15 e sub 18.

 
Ademais desa primeira xornada do 19 de febreiro (categorías sub-15 e sub-18), haberá competición os días 2 de abril e 14 e 21 de maio (categorías sub-13 e sub-11). Todas as xornadas celebraranse no pavillón Jose Antonio García Nieto de Canide.
back link