Oleiros, 7 de novembro de 2017-. O Concello de Oleiros incluíu no plan único da Deputación da Coruña as obras de construción dunha cuberta nas gradas do campo de fútbol Leonardo Maceira, nos Regos. A actuación ten un custo de 140.000 euros.
O recinto deportivo, que utilizan principalmente os equipos do Santa Cruz e do Cristo Rey, foi remodelado recentemente polo Concello de Oleiros, que investiu 300.000 euros. Entre outras melloras, o terreo de xogo foi dotado de céspede artificial e a iluminación foi renovada.
O Concello de Oleiros tamén abordará a través do plan único da Deputación da Coruña a pavimentación da rúa Avelino Cachafeiro, en Nós, por un importe total de 38.000 euros. Igualmente inclúese a renovación da rede de augas na avenida das Mariñas, na zona do Graxal, e na avenida Concepción Arenal, en Santa Cruz, cun custo de 341.876 euros.